martes, 24 de octubre de 2017

MEMORIA DA EXPERIENCIA CANADIENSE





PIALE: Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras da  da Xunta de Galicia.



¿Que é o programa PIALE?

 Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE)
 Actividade de formación organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria consistente en Itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística ecomunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Obxectivos do programa:
– Mellorar a competencia en comunicación lingüística do profesorado.
– Coñecer o sistema educativo noutros países de fala inglesa.
– Formar profesionais cualificados para impartir clases na rede de seccións bilingües e
centros plurilingües.
– Actualización metodolóxica e compartir experiencias con outros profesionais da materia.

Destinatarios :
 Como norma xeral e dependendo das modalidades :
-Profesorado especialista en inglés que este a impartir ensinanzas de lingua estranxeira en educación infantil, primaria e secundaria;
-Profesorado especialista de francés e inglés;
-Profesorado AICLE/CLIL (de áreas, materias ou módulos non lingüísticos impartidos en
 inglés) de educación primaria, secundaria obrigatoria, de bacharelato ou de formación
 profesional, que este a participar nos programas de seccións bilingües e/ou centros
 plurilingües ( profesor e/ou coordinador )
- Profesorado non especialista, e profesorado que teña pensado impartir unha sección
 bilingüe ( cun compromiso do centro educativo para desenvolver un programa de sección bilibngüe no vindeiro curso ).

Modalidades :
1. Inmersión: Itinerario formativo en tres fases.
 1) Curso de formación en inglés na Comunidade Autónoma de Galicia.
 2) Inmersión no país falante da lingua estranxeira cunha duración de tres semanas.
 3) Elaboración de materiais
2. Integración : Itinerario formativo en dúas fases.
 1) programa de inmersión total en inglés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, en centros escolares de Canadá ou Portugal durante catro semanas,
 2) Elaboración dun plan de difusión da experiencia adquirida cunha memoria do mesmo e unha unidade didactica a dsenvovler no centro na lingua obxecto de estudo que demostre a transferencia á aula dos coñecementos e metodoloxía adquiridos na integración
3. Cursos : Itinerario formativo en dúas fases.
 1) Fase de formación: Curso de dúas semanas no Reino Unido, Francia, Portugal ou Alemaña.
 2) Fase de elaboración de materiais.

Ligazón á convocatoria do PIALE 2017 publicada no DOG:



PIALE CANADA 2017



CANADÁ ( 1 de xullo de 1867 )


Poboación : 35,099,836 (xullo, 2015 est.).
Linguas oficiais : Inglés e Francés.
Esperanza de vida: 81,76 anos
Area: 9,984,670 km (Segundo país máis grande do mundo despois de Rusia).
Nota Xeográfica : Canadá ten máis auga doce que outro país do mundo, contando na sua superficie con casi 3 millones de lagos, que e máis que todos os países do mundo xuntos.
Divídese en tres territorios etnográficos : Innuits ( = “a xente” ) non esquimais( = “os comedores de carne” ) , Indians ( Primeiras civilizacións ) e Metis ( Descendentes dos indíxenas e os franceses ) .
Deporte Nacional : Ice Hockey
Símbolo Nacional : O castor ( Beaver )
Bandeira : Red maple leaf . As dúas cores simbolizan a parte inglesa ( bermello ) e a francesa ( branco ) .

ONTARIO ( Provincia da oportunidade )
E una das 10 provincias canadienses que naceron o 1 de xullo de 1867. Con capital en Toronto
OTTAWA
Capital Nacional que aúna duas cidades : Ottawa ( anglofalante ) e Gatineau                    (francofalante ) . Entre as duas suman algo máis de 1.3 millóns de habitantes e é un exemplo de bilingüismo totalmente integrado na vida cotiá da cidade.

Se Ottawa é un reflexo da sociedade canadiense, entón debo afirmar que esta e unha verdadeira sociedade multicultural en tódolos seus ambitos : Nos centros educativos, nos postos de trabllo, nos locais de ocio, na rúa . Alí todos son de diferentes cores, diferentes vestimentas e diferentes culturas. Incluso me sorprendeu a cantidade de xente con diferentes discapacidades, e xente vella facendo vida nas rúas sen problemas; aclarar que o deseño dos autobuses desta cidade debería ser copiado por todos os paises do mundo, pois están preparados para anciáns, cadeiras de rodas, bicicletas, etc ... Coido que é debido a o elevadísimograo de integración social, un éxito da educación canadense   ( social e escolar ); e do deseño urbanístico, pensado para todos os públicos. .

PIALE CANADÁ 2017 :  A  OCDSB
Existen en Ottawa diferentes centros de ensino : Público, privado, concertado, relixioso, etc  . Pero a rede de centros mais importante e a OCDSB ( Ottawa-Carleton District School Board ). Están  todos os centros interconectados nunha mesma páxina web e teñen moito prestixio social na localidade . No seu haber contan con :
         26 High Schools
         116 Elementary Schools
         5 Alternative Schools
         7.000 empleados
         75.000 estudiantes
         Experiencia en cursos de enseñanza nacionales e internacionales
         Líderes en creación y evaluación de prácticas inclusivas, ensino e aprendizaxe de linguas , educación especial , asesoramento educativo internacional .
         Proxectos internacionais a través da OIPE ( Ottawa International Projects and Exchanges ).
         Seu lema para o ensino bilingüe e internacional é que todos os profesores son profesores de inglés.
A imaxe corresponde ao 440 de Alber Street, o centro de referencia do profesorado e alumnado extranxeiro.


En Ontario, desde o 2015 ata o 2019 están desenvolvendo un plan educativo estratéxico construido e plantexado arrededor de 5 áreas prioritarias :
         LEARNING : Aprendizaxe
         WELL-BEING : Benestar íisico, emocional e social do alumno
         EQUITY : Igualdade de oportunidades para todos os estudantes .
      ENGAGEMENT : Compromiso de toda a comunidade educativa, reforzado por un gran apoio social.
     STEWARDSHIP : A administración e os Centros educativos coordinados para tomar decisións xustas e adecuadas en diferentes situacións.
Así mesmo, están convencidos da necesidade de entender cómo funciona o noso cerebro e mente,  e sobre todo cómo sacarlle o máximo partido na adolescencia . Así pois plantexan un ensino onde impere o deporte para liberar endorfinas , os descansos   (comezan as clases un par de horas despois de que levantarse da cama) e o xogo       (sobre todo en primaria) . Todo este plan está socialmente mediatizado pois e visible en carteis pola cidade, nos autobuses, na prensa,  etc ..

Os aspectos que desexan desenvolver son os seguintes :
         Aprendizaxe integrando no uso das novas tecnoloxías.
         Colaboración mutua entre profesor e alumno, e entre alumnos.
         Centros educativos onde o alumnado se sinta seguro, cómodo e querido.
         Aprendizaxe individualizado.
         Potenciación e enriquecimento da propia creatividade.
         Mostrar sentido práctico do ensinado e aprendido.
         Aprendizaxe adaptado as necesidades de cada persoa.
         Creación de cidadans responsables e activos (40 horas de trabajo social por curso).
         “Alfabetización cultural”.
         Resolución de dúbidas e problemas sen conflictos.
         Educar na felicidade.
         Ensino fora da escola : Saídas culturais.


AS CLASES NUN HIGH SCHOOL CANADIENSE

Desde o primeiro día que cheguei ao meu High School xa atopei notables diferenzas entre o noso sistema educativo e o canadiense .

O ensino secundario abrangue alumnado desde os 14 aos 18 anos e continúa onde remata o ensino primario ( Grade 8 ) . Así pois, estes catro anos de Ensino Secundario corresponden aos Grade 9 , 10,  11 e 12 .
O curso comeza o 5 de setembro e remata o 30 de xuño. A división por semestres faise o 1 de Febreiro .
Os períodos vacacionais son moi similares aos españois : Verán ( 2 meses) , Thanksgiving ( 4 days ) , Winter Holidays ( 2 semanas ) , Easter ( 1 semana ).
Así mesmo, o sistema de avaliación é diferente. Cada departamento fai pequeñas avaliacións do alumnado durante cada semestre ( 3 como mínimo ) e, ao final do mesmo, establece una calificación numérica . É nunha sesión posterior a finais de xuño, cando o profesorado de cada grupo se reúne para decidir a promoción do alumnado ( o mais parecido as nosas avaliacións trimestrais ).
Os horarios son diferentes. As clases comezan as nove e dez, dúas horas despois de que o alumnado se desperte ( polo que chegan á escola prefectamente descansados ) e rematan ás tres e media, dispoñendo dunha hora completa para o almorzó que funciona como recreo entre as sesións lectivas. O alumnado ten catro sesións diarias de unha hora e cuarto e o profesorado tres sesións lectivas e a cuarta é para preparación das clases, facer gardas, etc ... A media de permanencia diaria obrigatoria no centro dos profesores e de 7 horas, algo ben diferente a nosa realidade educativa...
As sesións de 75 minutos permiten realizar diferentes actividades en cada clase e sobre todo que o alumnado participe  en debates orais, elaborando e presentando materiais eles mesmos, e afondando máis na tema exposto inicialmente polo profesor. No tocante á materia de Educación Plástica, esta duración permite o plantexamento de traballos máis complexos como o traballo en arxila, que requiren unha preparación inicial da aula e  unha limpeza ao final. 

No que respecta ás asignaturas, o alumnado elixe catro por semestre; esta distribución é positiva na medida en que evita a dispersión que supón un elevado número de materias, e a continuidade día a día no seu desenvovelemento axuda a profundizar nos contidos . Para evitar que esa repetición diaria non sexa tan monótona, cada día alternan a orde no seu horario. Pero este sistema tamén ten unha parte negativa: materias instrumentais, como as matemáticas ou a lingua, que se cursan nun semestre e non se volven a cursar ata o curso seguinte, pode supor que o alumnado se esqueza totalmente dos contidos que estudaron previamente.  Aínda que quizais este punto sexa irrelevante en Canadá, dado que non se dá tanta importancia aos contidos coma no noso sistema educativo…. No tocante a materia de Educacion Plástica é un plantexamento perfecto pois todos os dias tenhen esta asignatura, o que permite unha continuidade moi efectiva en proxectos mais complexos que requiren de mais dunha sesión para o seu desenvolvemento. Esto permite ao profesorado plantexar proxectos semanais moi ambiciosos .

Ademáis dos créditos obrigatorios e voluntarios necesarios para obter a promoción ao curso seguinte e a titulación final despois de catro cursos ( Grades 9, 10, 11 e 12 ), o alumnado participa en actividades extracurriculares, como clubs  de deportes ou talleres instrumentais, actividades moi importantes para a súa integración  e identificación co  centro educativo.
Temos que recordar que ademáis teñen que realizar 40 horas obrigatorias de actividades de voluntariado social para acceder ao título de Secundaria, a través do programa STUDENT LEADERSHIP. INVOLVING IN COMMUNITY ISSUES coordinado desde o departamento de Orientación do centro. Estas poden ser desde colaborar como contacontos en colexios de Educación Primaria, como atención a anciáns en centros de día, colaboración en actividades benéficas coordinadas desde o concello, tarefas de limpeza pola cidade, etc ..
Tamén nas clases se lle dá moita importancia ao fomento do civismo, da conciencia cidadá e do respecto por todas as culturas; é habitual adicar un tempo das clases ao debate sobre cuestións políticas e sociais de actualidade. Para min foi unha sorpresa estar falando co alumnado case todos os días da situación vivida en Cataluña durante a miña estancia ( algo que a sociedade canadiense segue moi de cerca pois teñen a misma realidade social coa provincia de Quebec ).

Todo o centro esta literalmente empapelado con carteis sobre o esforzo, a necesidade dun bo comportamento na escola e na sociedade, animando a ter una actitude positiva de cara a vida en xeral e a axudar aos mais necesitados. Unha información que nace nos centros educativos pero que e palpabel na realidade social canadiense.












Detalle das fontes de auga por todo o centro. Levan un contador dixital que informa da xcantidade de botellas de plástico que se aforran ao usar estas fontes.













O uso de perfumes e diferentes sustancias químicas do aseo persoal , tan habituais nos nosos centros , alá están prohibidas debido aos problemas de alerxias.















O alumnado respeta a linpeza do centro reciclando papel , latas , bricks ou desfeitos orgánicos da súa comida  .O centro mantense perfectamente limpo toda a xornada.

Nas sesións lectivas ás que asistín puiden observar que a metodoloxía do profesorado é moi diversa pero non moi diferente da que se desenvolve nas nosas clases. O que é moi diferente é a importancia que se dá aos contidos, que quedan relegados a un segundo plano pois permite adicar máis tempo a que o alumnado participe activamente, preparando e expoñendo traballos durante as clases. É un dos aspectos máis positivos do sistema canadense que prima a investigación por parte do alumnado ( individual ou en grupos ) e a presentación en público dos seus proxectos, o cal contribúe non só a comprobar o que aprenderon se non tamén a ser "selfsuficient learners", participar activamente nas clases e ser profesores dos seus compañeiros.
Ademáis todo o profesorado practica o “reforzó positivo” cos seus alumnos, as veces dun xeito un tanto esaxerado para un profesor doutro pais, pero moi efectivo cos adolescentes canadienses. Toda esta práctica vese reforzada, como xa expuxen antes, pola gran cantidade de carteis expostos no o centro e na cidade enteira sobre o bo comportamento, a valoración do esforzó , o culto a vida saudable  (mental e física ) . O resultado é una incrible maioría de alumnado autosuficiente, que entra e sale do centro con liberdade, que está atento nas clases, colaborador, motivado e consciente do valor que ten a súa formación na escola.

Os carteis antes citados fan referenza a :


 - Community : Axuda a outros cada día para crear un lugar onde todo o mundo te coñeza e  esté contento de que existas e asistas ao centro.

 - Nurture : Axuda a cada persoaa que coñezas a desenvolver as súas propias habilidades, nutrindo a súa esperanza e cultivando aceptación social . Fomenta un clima de apertura á diversidade.

 - Respect : Hónrate a ti mesmo e a outros a través das túas palabras y accións . O respeto da á xente la dignidade que merecen . Trata aos demais como a ti te gustaría ser tratado .

 - Acknowledge ( recoñecemiento ) : todos los días pasan centos de cousas boas . Celébralas recoñecendo o que ves e o que oes na túa comunidade escolar .

 - Bravery : Ten al coraxe de facer o que é correcto, aínda cando sexa difícil ou impopular . Mantente firme no que crees .

 - Youth Engagement : Ti marcas  a diferenza . Só ti tes o control para convertirte na persoa que desexas . O mundo que herdamos é o que todos axudamos a crear.

 - Responsibility : Se responsable das decisións que tomas . Date conta que estas poden afectar a outros que dependen de ti . Responsabilidade é coñecer teu papel dentro da comunidade.


 - Enthusiasm : Acércate a todo con entusiasmo. Canto máis des de ti mesmo , recibirás máis dos demáis . Emociónate pola vida e amosa aos demáis unha actitude positiva en todo o que fas .


O profesorado ten aulas propias, nas que desenvolven todas ou a maioría das sesións lectivas, aínda que ás veces desprázanse á aula de Informática da súa área ou a biblioteca.

O que  é ben diferente é o ambiente xeral do centro, o silencio nos corredores e nas clases, mesmo no tempo do “lunch” e nos cambios de clase do alumnado (de 5 minutos estipuladospois o centro é enorme) , as clases con portas abertas ou con portas con ventás para dar liberdade visual desde os corredores .  Tamén destacaría o respeto entre o alumnado e co profesorado. Sei que o Canterbury High School non e un centro corrente pero sorprendeume que nun mes non houbese ningun altercado !!!
Un motivo de conflito como é o uso do móvil no centro educativo aquí non existe. O alumnado ten conexión wifi e o móvil está totalmente integrado na maioría das aulas, co obxectivo de que sexa utilizado como instrumento de traballo. Sempre hai excepcións nas que se distraen con xogos ou chats, pero a maioría teñen a madurez de apagalo ou gardalo durante as clases. En ningún caso se lles retira e, ante a primeira observación do profesor, cesan no seu uso... Outro dato sorprendente é a liberdade do alumnado, potenciada desde a educación primaria, de comer e beber durante as clases ou sair ao baño sen pedir permiso. Fanno sen molestar e con naturalidade, e o sistema educativo o permite, permite e potencia, pois entende que a nutrición é importante no desenvolvemento cognitivo do alumno. Así pois e unha práctica cero disruptiva na aula.

De xeito xeral, a avaliación do alumnado nas diferentes materias segue este patrón :
Traballo na escola ( test e deberes ) : 70 % da calificación
Exames : 30 % da calificación
A atención, participación, actitude e puntualidade non son calificables pero decantan para un aumento ou diminución da calificación final.
A diferenza do noso sistema educativo , o alumno e avaliado polo menos cinco veces durante o curso, cunha sesión exrtraordinaria ao final para decidir a súa promococión e/ou titulación


Un dato a ter en conta e que cada ano, 60 estudiantes que representan a sociedade multicultural canadiense, reúnense para debatir os aspectos mais destacables do sistema educativo de ese ano, de xeito que se poidan introducir cambios e melloras o vindeiro curso



.



Teño que agradecer ao director Alan Johnson e a Natalie , Lynn e Joanna Swim, as miñas “contact teachers” no Canterbury High School, a súa cariñosa acollida e a súa axuda para integrarme nas actividades do centro, asi como aos profesores Derek, Diane, Debbie James e Geoff Brown, membros do Departamento de Artes Visuais. Tamén agradecer ao resto do profesorado que me axudou na integración no centro,aos Departamentos de Música , Teatro e Danza , que tan cordialmente deixáronme asistir as súaas clases apaixoantes, e así poder facerme una idea xeral de cómo está plantexado  o Programa de Artes no sistema educativo canadiense para a Educación Secundaria. E por último, pero non menos importante , a tódolos alumnos cos que colaborei , por deixarme participar nos seus traballos e ser pacientes co meu Inglés coloquial que, as veces, facíaselles difícil de entender...

As clases comezan sempre igual: Un grupo de alumnos traballan na animación por megafonía instalada en todo o centro e pon música antes de que comecen as clases, avisan cinco minutos antes de que deben acudir a súa aula, soa o himno nacional ( todo o mundo inmóvil e en silencio sorprendentemente !!! ) e logo uns breves minutos informativos para todo o mundo das novidades a ter en conta nese día. Logo disto as clases se sucenden co normalidade avisando do fin de cada sesión cunha melodía suave.

Asistín a clases, como observador e colaborador activo, con varios profesores e profesoras, que me permitiron intercambiar impresións co alumnado e me ofreceron e amosaron  os materiais que lles entregaban. O Canterbury High School ten un ambicioso programa de artes para o ensino secundario, que dura catro anos e que deixa en cueiros, comparativamente falando, ao noso bacharelato artístico, pois está a un nivel de formación Universitaria. O Departamento de artes do centro atende a este alumnos así como a aqueles que escollen a asignatura de Debuxo e Plástica desde fora destes programas.

O alumnado do centro ten unha sesión a comezo de curso cun fotografo oficial que encargase de realizar as orlas e os carnets do centro, válidos para obter a tarxeta de transporte público (aquí non hai transporte escolar na educación secundaria, polo que os alumnos son independentes de moverse por toda a cidade para chegar ao su centro educativo) . Estes carnets son tamén para a retirar libros da Biblioteca. Decir que asistín a unha sorprendente sesión para alumnado novo sobre como aproveitar os recursos deste espazo do centro, búsqueda e orde dos libros, ademais do visonado dun video sobre a ACADEMIC DISHONESTY . Neste centro a copia , plaxio ou venta dos traballos académicos é a falta mais grave de todas e é duramente castigada con expulsión de aula, clases de reforzo conductual, e proxectos de voluntariado social .

No tocante ao departamento de Artes ao que me integrei, non existe libro de texto pero, cos 250 dólares Canadienses ( uns 170 € ) que debe pagar cada familia en concepto de gastos por compra de material, mercaselles una libreta de debuxo de gran calidade e tamaño axeitado aos proxectos que deben desenvolver, e que ‘e o SKETCHBOOK. Esta peza é o eixe vertebrador dun sistema de traballo, exposición e avaliación realmente incrible, pois é compartido por tódolos departamentos artísticos e ofrece una visión global da evolución do alumno nun terreo tan subxectivo como pode seo o mundo da creación. Os alumnos, coñecedores desta ferramenta, desenvolven o seu traballo con gran coidado e mimo, presentándolles semanalmente aos seus profesores auténticos “libros de artista”, con imaxes, reflexións, proxectos , etc


O sistema de división das materias por semestres da o seguinte cadrante para o seminario de Artes ao que me integrei e para o alumnado que opta polo programa de Artes e que accede ao mesmo despois dunha proba de acceso que valora as súas aptitudes de cara ao ensino artístico :

Grade 9 : Painting – Drawing – Art History no primeiro semestre e Ceramics e Printmaking no segundo semestre
Grade 10 : Ceramics e Printmaking no primeiro  semestre e Painting – Drawing – Art History no segundo semestre
Grade 11 : Painting – Drawing – Art History no primeiro semestre e Ceramics e Photography mo segunso semestre .
Grade 12 : Ceramics e Photography no primeiroo semestre e Painting – Drawing – Art History no segundo semestre, incluindo aquí o proxecto individual dun mural que se realiza nas paredes do centro . Estes proxecto permanecen dous anos e están por todas partes, nos corredores, na cafetería , no vestíbulo, nos ascensores e nos ocos de escaleiras . Son de grandes proporcións e unha oportunidade para este alumnos de facer a súa primeira exposición e intervención artística.




Cando rematan o Programa con 18 anos ( Grade 12 ) , existen por todo o país una serie de convocatorias para “amosar” as súas carpetas de traballos e continuar a súa práctica artística na universidade con Programa de Artes que aposte por eles, e así desenvolver o seu propio estilo para convertirse oficialmente en artistas cunha titulación oficial ( o máis similar á nosa licenciatura de Belas Artes ).

Os alumnos que non están matriculados neste programa tenen una materia similar a nosa Edicación Plástica e visual que e semestral, pero que tamén desenvolve o Departamento de Artes.

Toda a información sobre os contidos destes catro anos aparece publicada na paxina web do centro  ( https://canterburyhs.ocdsb.ca/academics/Pages/default.aspx )




Outras actividades:

·         Charlas coa Xefa do departamento de orientación. Destacar que teñen unhas adaptacións curriculares semellantes ás utilizadas no noso sistema educativo para alumnos con necesidades especiais , pero cunha atención case que persoalizada pois son nove no equipo e acompañan a estes alumnos en case todas as suas clases. Dotan á sala de profesores do centro coas lecturas máis actuais sobre educación, para mellorar no se traballo nas clases


·         Asistencia á presentación dos clubs do instituto, formados por grupos de alumnado que comparten intereses comúns e que tratan de atraer a outro alumnado do centro e recadan fondos para diversas causas. Deportes ( Volleyball e Soccer ) e Cerámica        (UNICORNICOPIA) son os mais populares pero tamén hai grupos de música e danza .

.     Asistencia a semana de presentacións dos plans de estudo e instalacións das diferentes universidades canadienses para o alumnado que vai rematar o cuarto grado ese ano. Cada día asistía ao centro un representante de cada universidade para repartir información detallada e persoalizada no vestíbulo do centro. Estas actividades eran publicadas polos propios alumnos pola megafonía do centro ao inicio de cada xornada.

.          Asistencia ao  Professional Development Day  , 6 de outubro , día non lectivo pois coincide co comezo da festividade de THANKSGIVINGDAY, pero que empregan os profesores para formarse e mellorar aspectos do desenvolvemento dos seus proxectos educativos. A asistencia a estas xoranadas é obligatoria para todo o profesorado. Fannas 5 veces ao ano coincidindo cos períodos vacacionais para estar no centro sen alumnado . Nesta ocasión a sesión estivo adicada a integración das matemáticas a todas as materias do currículo ( pola mañán ) e pola tarde a mellorar todos os aspectos relacionados co bo comportamento traballo do alumnado nas aulas e a resolver problemas técnicos, materiais ou loxísticos do centro que o profesorado detectase desde o  comezo de curso.


.     Asistencia e colaboración activa nas clases especiais para alumnado extranxeiro que precisa axuda coa lingua inglesa pois ainda non a dominan . Acudín a elas como ilustrador de contos infantis e impartín un par de talleres sobre escritura creativa e oratoria que foron de gran satisfaccion persoal e que lles gustou moito aos alumnos e ao departamento de Orientación do centro. Tras esta experiencia, foron a un colexio de Educación Primaria a ler contos aos nenos e nenas máis pequenos.




PIALE CANADÁ 2017: CANTERBURY HIGH SCHOOL





Fundado en 1969, está situado nunha zona moi alonxada de calquera parte de Ottawa. É un sitio sumamente tranquilo . O seu alumnado provén de tódolos puntos da cidade, polo que non reflexa ningún estrato social predominante ao ser un centro adicado as ensinanzas artísticas a través do seu programa especial creado en 1983 : EXCELLENCE-ACHIEVEMENT IN ACADEMY AND ARTS (danza, teatro, música e artes visuais).
O centro presenta una concepción novedosa do espazo educativo xa que debuxa un oito nos seus tres andares, estando a sala de profesorado e o incrible auditorio xusto no centro e emprega paneis móviles en moitas aulas segundo necesidades das actividades a desenvolver. Ten unha dotación material impresionante para cada disciplina artística que se imparte no centro.
Persoal do centro:
      Profesorado: 110.
      Departamento de orientación: 9. 
      Contan co apoio de 4 psicólogos externos unhas horas semanais.
   Equipo directivo: 8, sen ningunha carga lectiva : 1 director, 2 Vicedirectores , 1 coordinador dos departamentos de Artes , 1 secretario , 1 Xefe de Estudos , e 2 Bibliotecarias .
      Alumnado : 1300 aprox.
      Administrativos : 5.
      Conserxes-Mantemento-Limpeza : 8.
    11 Departamentos : . Baile , Teatro , Ingles , Lengua e Literatura , Matemáticas , Ciencias Naturais , Música , Ciencias Sociais , Arte , Educación especial e Servizos estudiantis ( todos cos seus respectivos despachos, bibliotecas e almacéns de materiais ).
      Biblioteca: Presume de ser unha das mellor dotadas de todos os centros da cidade de Ottawa, cun fondo de libros impresionante , 3 aulas independientes para visionado de películas e tres postos de informática cun total de 30 ordenadores , ademáis de zonas de lectura de lecer e de estudio diferenciadas, e incluso un espazo lúdico para entreterse en silencio (puzzles de gran tamaño sobre todo). Funciona como aula para todo o profesorado que o desexe, polo que esta aberta desde as 8 ata as 16 horas, e sempre con actividades a desenvolver. A súa situación no centro e estratéxica ( xusto no hall de entrada ) e arquitectonicamente  recibe luz natural desde360º, pois as paredes son de cristal.
      1 Cafeteria – comedor. Menú diario variado, cociñado no centro e publicado na web para informar a alumnado e familias.
      Instalacións impresionantes pois conta con 2 ximnasios, 5 aulas de informática   (cun sexto posto móvil de corenta tablets para traballar nas diferentes clases), 1 taller completo de tecnoloxía e ebanistería, 1 auditorio profesional, 4 estudios de teatro, 3 estudios de danza, 4 salas de música con centro de grabación e practica vocal, sala de cerámica con 5 tornos eléctricos e dous fornos, 2 estudios de debuxo artístico e pintura equipados a nivel universitario, 1 sala de impresión calcografica con cinco tórculos, 2 talleres de fotografía (dixital e analóxica)  e un par de almacéns onde gardar os libors de texto do alumnado que son de uso común para todo o centro ( non teñen que mercar ningún )
      ACTIVITY CLUBS : Antes e despois das clases : Soccer, basketball , volleyball , ceramics. De gran participación por parte do alumnado e sempre respaldados polo profesorado do centro . Empezan ás 7,30 da mañán ata as 9,00 , e de 15,30 pola tarde ata as 17,00 .


PIALE CANADÁ 2017 : HOST FAMILY


Para Falar da miña familia de acollida ( Host Family ) só podo escoller palabras agradecemento á organización do Programa, pois foi toda unha experiencia de integración no día a día dunha familia canadiense . Charles, inglés, e Maricarmen, do Salvador, foron unha xente excepcional na convivencia, na corrección do meu inglés coloquial, e na integración, tanto na sociedade canadiense, como na propia cidade de Ottawa e na súa propia familia. Con eles visitei numerosos puntos da cidade, fixemos cenas temáticas de todas as partes do mundo para unha multitude de amigos que asistían á casa e cos que tamén puiden practicar o idioma. A o ser unha sociedade multicultural , os acentos son moi diferentes polo que o teu oido afaise a diferentes entonacións na lingua inglesa.
Decir que Charles foi arqueólogo e conservador en importantes excavacións por todo o mundo, polo que as charlas sobre arte duraban ata ben entrada a noite. Gracias a el, os seus coñecementos, e a súa labor no Nationall History Museum sobre os Totems Inuits, profundicei máis nesta arte indíxena ata elaborar unha unidade didáctica para desenvolver no IES de BEADE á miña volta . Para eles, quero transmitir un sentido agradecemento nesta memoria.






A distribución horaria oficial de todo o mes foi a seguinte:








No hay comentarios:

Publicar un comentario